viernes, 18 de enero de 2013

BRITANNY HASS - HANNEKE CASSEL - LAUREN RIOUX
TRES DAS MELLORES FIDDLERS DOS ESTADOS UNIDOS ACTUARÁN E IMPARTIRÁN CLASES MAXISTRAIS EN GALICIA
Traídas pola asociación cultural "GALICIA FIDDLE", estas tres mulleres, que representan o máis selecto da nova xeración de violinistas de bluegrass norteamericano, impartirán talleres e clases maxistrais na sede que a asociación galega de fiddle ten nunha pequena aldea de Pontecaldelas chamada Xustáns e que nestes últimos anos ven sendo o centro neurálxico do violín folk galego.
Asi mesmo ofrecerán concertos en distintas vilas e cidades de Galicia nunha xira que está ser desenvolvida polos responsables desta xoven asociación cultural, que recentemente desenvolveu un encontro de violinistas folk na serra do Courel e que no mes de Xullo pasado fora quen de crear o primeiro fiddle camp da Península adicado aos xoves violinistas folk galegos: San Simón Fiddle
Por si fora poco Hanneke, Brittany e Lauren veñen a Galicia na compaña das súas parellas: Mike Block (Cello), Kay Welsh (Guitarra e piano) e Sten Isak (guitarra e voz), respectivamente.Ámbolos tres músicos profesionais de primeiro nivel e que acompañarán ás súas donas neste singular proxecto. Un proxecto que pretende dinamizar a escena violinística da nosa terra e fortalecer a estreita relación existente entre Galicia, California e Boston, que iniciara a súa andaina a principios desta década coa visita a Vigo de Alasdair Fraser, Natalie Hass, e continuou coa participación por dous anos consecutivos dos nosos violinistas Alfonso Franco e Alfonso Merino no Sierra Fiddle Camp, un dos máis prestixiosos fiddle camp de USA, dirixido polo propio Alasdair Fraser. Despois virían os obradoiros de fiddle impartido por Laura Cortesse; mandolina por Neil Perlman e mesmo o de "danza para fiddle" do xenial Nic Gareiss desenvolvidos na aldea de Xustáns, que xunto cos de Oriol Saña, Jany Lang ou Bruce Mc Gregor veñen revolucionando a escena do violín folk e facendo que cada vez máis nenos e adultos procuren unha achega ao seus instrumentos dun xeito "Non clásico".
Na organización deste proxecto e na dirección da "A.C. Galicia Fiddle", xunto ao mestre de violín da ETRAD: Alfonso Franco, participan tamén a prestixiosa fiddler galega: "Begoña Riobó" e unha das figuras máis importantes dea música folk galega, tamén violinista e mestre de Zanfona na ETRAD: Anxo Pintos.


  • Lauren Rioux, Marzo
  • Brittany Hass, Maio
  • Hanneke Cassel, Novembro

PRÓXIMAMENTE DATAS DEFINITIVAS

http://www.facebook.com/sansimon.fiddle

http://galiciafiddle.com











http://cursosxustans.blogspot.com.es/