viernes, 18 de enero de 2013

BRITANNY HASS - HANNEKE CASSEL - LAUREN RIOUX
TRES DAS MELLORES FIDDLERS DOS ESTADOS UNIDOS ACTUARÁN E IMPARTIRÁN CLASES MAXISTRAIS EN GALICIA
Traídas pola asociación cultural "GALICIA FIDDLE", estas tres mulleres, que representan o máis selecto da nova xeración de violinistas de bluegrass norteamericano, impartirán talleres e clases maxistrais na sede que a asociación galega de fiddle ten nunha pequena aldea de Pontecaldelas chamada Xustáns e que nestes últimos anos ven sendo o centro neurálxico do violín folk galego.
Asi mesmo ofrecerán concertos en distintas vilas e cidades de Galicia nunha xira que está ser desenvolvida polos responsables desta xoven asociación cultural, que recentemente desenvolveu un encontro de violinistas folk na serra do Courel e que no mes de Xullo pasado fora quen de crear o primeiro fiddle camp da Península adicado aos xoves violinistas folk galegos: San Simón Fiddle
Por si fora poco Hanneke, Brittany e Lauren veñen a Galicia na compaña das súas parellas: Mike Block (Cello), Kay Welsh (Guitarra e piano) e Sten Isak (guitarra e voz), respectivamente.Ámbolos tres músicos profesionais de primeiro nivel e que acompañarán ás súas donas neste singular proxecto. Un proxecto que pretende dinamizar a escena violinística da nosa terra e fortalecer a estreita relación existente entre Galicia, California e Boston, que iniciara a súa andaina a principios desta década coa visita a Vigo de Alasdair Fraser, Natalie Hass, e continuou coa participación por dous anos consecutivos dos nosos violinistas Alfonso Franco e Alfonso Merino no Sierra Fiddle Camp, un dos máis prestixiosos fiddle camp de USA, dirixido polo propio Alasdair Fraser. Despois virían os obradoiros de fiddle impartido por Laura Cortesse; mandolina por Neil Perlman e mesmo o de "danza para fiddle" do xenial Nic Gareiss desenvolvidos na aldea de Xustáns, que xunto cos de Oriol Saña, Jany Lang ou Bruce Mc Gregor veñen revolucionando a escena do violín folk e facendo que cada vez máis nenos e adultos procuren unha achega ao seus instrumentos dun xeito "Non clásico".
Na organización deste proxecto e na dirección da "A.C. Galicia Fiddle", xunto ao mestre de violín da ETRAD: Alfonso Franco, participan tamén a prestixiosa fiddler galega: "Begoña Riobó" e unha das figuras máis importantes dea música folk galega, tamén violinista e mestre de Zanfona na ETRAD: Anxo Pintos.


  • Lauren Rioux, Marzo
  • Brittany Hass, Maio
  • Hanneke Cassel, Novembro

PRÓXIMAMENTE DATAS DEFINITIVAS

http://www.facebook.com/sansimon.fiddle

http://galiciafiddle.com











http://cursosxustans.blogspot.com.es/

martes, 4 de septiembre de 2012

Comeza a tempada Cursos e concertos en Xustáns.

A Asociación GALICIA FIDDLE trae de novo á virtuosa do fiddle LAURA CORTESE, quen como xa fixera hai dous anos ven na compaña do guitarrista MATT MALIKOWSKY.

O Sábado 22 de Setembro terá lugar o curso de FIDDLE, dende as 10 ás 14hs e de 17 a 20hs.
A noite do Sábado a cea está prevista para as 21,30hs, trala cal terá lugar o concerto de Laura e Matt.
Despois do concerto serviranse postre, café e licores e dará comezo a Foliada que durará ate altas horas da mañán.

O Domingo 23, despois do xantar e arredor das 17,30h, Laura fará un obradoiro adicado aos cativos no que os introducirá no apasionante mundo do "chop".
Tralo este, que durará unha hora e media, na compaña de Matt ofrecerá para os nenos pero que será aberto aos pais e veciños que se queran achegar. O concerto é de media hora de duración. 
A actividade rematará cúnha merenda.

Prezos:

  • Cursiño SÁBADO (Activo) + Concerto/Cea : 50€
  • Cursiño SÁBADO (Ouvinte) + Concerto/Cea: 40€
  • Xantar e Servizo de cafés do Sábado: 10€
  • Concerto/Cea: 20€
  • Obradoiro do Domingo + Concerto/Merenda: 20€
  • Concerto/Merenda:10€
PREME AQUÍ PARA INSCRIBIRTE

GALICIA FIDDLE é una  ASOCIACIÓN CULTURAL SIN ÁNIMO DE LUCRO,
cuxo obxectivo é promover o emprego dos instrumentos de corda dun xeito alternativo.

martes, 6 de diciembre de 2011

CONCERTO FETÉN FETÉN EN XUSTANS


O Sábado 10 , a partir das 21,30hs terá lugar en Xustans o concerrto do Dúo FETÉN FETÉN, formado por Jorge Arribas e Diego Galaz. Como ven sendo habitual, haberá cea e jam session.
O prezo do Concerto, incluindo cea e bebidas é de 20€.
O prezo para os asistentes ao curso é de 10€

PRAZAS LIMITADAS
RESERVAS POR ORDE DE INSCRIPCIÓN

DIEGO GALAZ & JORGE ARRIBAS